Saímos dende a Igrexa de Vilacampa para dirixirnos cara a Santo Domingo e ao pouco de comezar a ruta xa se pon a chover e seguiría con nos case toda a ruta.
Unha vez pasada a aldea de Santo Domingo comezamos a subir por un camiño pedregoso e barrento cara a Arca das Sinais
. Ao pouco de deixar o camiño tivemos que sortear todo tipo de aventuras devido a cantidade de arbores caídos que tapaban o camiño.
Unha vez saído ao descampado o aire coa mestura da auga faciasé insoportables polo que decidimos deixar de buscar a Arca das Sinais e continuar coa nosa ruta ata chegar ao Prado das Chantas
O Prado das Chantas: tratase dun circulo formado por 250 pedras graníticas que ocupan un perimetro oval de mais de 300metros e 7Ha de terreo.Cada menhir conta cunha separación de 25 centímetros o que fai que configure unha estrutura ovalada de máis de trescentos metros.
Non se estableceu unha cronoloxia exacta nin o seu uso orixinal. Algunha das teorías que se barallan son que se trataba dun sitio cerimonial celta ou de un circulo de pedras ou Cromlech prehistórico.
Un crómlech é un monumento formado por menhires cravados no chan, e dispostos en círculo. A palabra crómlech en inglés é usada para os dolmens e non para os círculos de penedos. En francés e castelán dáselle o mesmo uso ca en galego. E o crómlech máis coñecido e máis importante é o crómlech de Stonehenge, en Inglaterra.
Ainda que tamén podería tratarse de unha construción medieval para a cría de gando.Na parte oeste do círculo presenta restos dunha estrutura cuadrangular.
Dende aqui seguimos a nosa viaxe ata chegar ao Dolmen de Sto Tomé onde sacariamos como de costume a foto de grupo
A palabra "dolmen" proven do bretón e significa “mesa grande de pedra”. coñecese tamén como túmulo do Curro, do Chan de Padorno ou Caselo do Couso. E un monumento funerario megalítico, auténtica xoia do noso patrimonio arqueolóxico do Neolítico e Calcolítico., atopase preto do enclave onde se celebra a tradicional rapa das bestas no mes de agosto. tratase de un túmulo ou anta con forma rectangular e unhas medidas de 2,30 m. x 1 m. x 1,50 metros.
Está formado por catro pedras verticais ou ortoestatos, que dan forma a cámara, tapadas con unha pedra cobertora que forma unha pequena elevación artificial no terreo. Tamén ten un corredor orientado ao este, que coincide coa saída do sol en inverno. Este corredor conecta coa cámara interior, o espacio onde se depositaban os cadáveres coas suas pertenencias. Nela se encontraron trozos de cerámica lisa y lascas de cuarzo.. No seu interior atoparonse 20 fragmentos de cerámica lisa e unha laca de cuarzo,O dolmen de Santo Tomé data do Neolítico y Calcolítico (4.000 - 2.000 a. C., aproximadamente), cando os primeiros galegos comenzaban a ser gandeiros e a cultivar a terra.
Nestes monumentos megalíticos realizabanse enterramentos para honrar aos mortos e reafirmarse como grupo social.
No seu entorno puedense observar importantes acumulacións de terra e pedras, que posiblemente procedan da carcasa ou coiraza pétrea que protexía o dolmen.
No interior do dolmen podemos observar outra xoia, esta vez botánica ,un musgo luminescente chamado popularmente como “Ouro dos Trasnos”, adaptado a vivir en lugares escuros que vive en poucos lugares da Península Ibérica .
Entorno a estes monumentos existen moitas lendas, historias e contos. Din os veciños da zona que " En Santomé os mouros tiñan un encanto e un escano de pedra”, facendo referencia aos encantamentos e a presencia en lugares emblemáticos de seres máxicos denominados "mouros", guardians de tesouros encantados.
Despois do parón no Dolmen seguimos atravesando montes que na maioría están despoboados tras a tala masiva ultimamente de madeira deixando os camiños pouco agraciados para camiñar.
Ao chegar a altura da sinal que nos indica a derivación para a Fervenza de Torez decidimos, non so polo horario, sinon tamén pola seguridade das persoas que nos acompañaban de non ir a visitala e continuar ata a igrexa de Sto Tomé que sería o noso punto final desta ruta.
A Igrexa de Sto Tomé é unha pequena freguesía que comenzou a funcionar como tal en 1852, si ben xa existía anteriormente alí una igrexa. O seu terreo está na vertente de un dos montes que rodean o Val do Ouro e a situación da igrexa nun alto e impresionante.
É unha obra de estilo Neoclásico de século XIX, sobre unha igrexa anterior. Ten planta rectangular, con dous pequenos brazos a xeito de capelas laterais cruceiro e sacristía detrás do presbiterio
Oturos edificios e monumentos: No camiño da subida a igrexa, un viacrucis con cruceiros sinxelos de pedra e grupo da Crucifixión co Cristo, a Dolorosa e San Pedro, con inscrición do ano 1863.
E ata aquí a ruta deste mes para o vindeiro mes desprazaremonos ata a parroquia de Viloalle( Mondoñedo ) para facer a ruta das rochas ata a Toxiza
,
Powered by Wikiloc